Mariposa non, BOLBORETA.

Este insecto na nosa lingua recibe o nome de BOLBORETA, pois o termo “mariposa” é un castelanismo. Tamén conta con algúns sinónimos como choruma, papoia, paxarela.

images

A definición da Real Academia Galega

Insecto pertencente á orde dos lepidópteros, do que existen múltiples especies, que ten dous pares de ás de variadas e vistosas cores cando é adulto e un aparello bucal en forma de trompa que lle serve para chuchar o néctar das flores.

Unha avelaíña é unha bolboreta nocturna. O verme da seda é a larva dunha bolboreta. 

Mariquita non, XOANIÑA.

En galego, este insecto recibe o nome de XOANIÑA, xa que “mariquita” é un castelanismo, e do mesmo xeito, tamén temos que rexitar “mariquiña”, tratándose esta dun castelanismo adaptado.

descarga

A definición de Xoaniña da Real Academia Galega

(Coccinella septempunctata) Insecto da familia dos coccinélidos, de forma arredondada, con élitros de cores vivas, xeralmente vermellos, con sete puntos negros.

Este invertebrado conta con multitude de sinónimos na nosa lingua: barrosiña, coccinela, maruxiña, papasol, papoia, reirrei,voaniña, voíña, xoana

  • Unha cación popular galega sobre este insecto:

Xoaniña voa, voa,
que teu pai foi a Lisboa
a comer pan e cebola.
Xoaniña voa, voa
que che hei dar pan de broa.

Continúe lendo Mariquita non, XOANIÑA.