Mirlo non, MERLO.

En Galiza é do máis doado oir cantar ó merlo na primavera, mais, por desgraza, oir o nome do paxaro en cuestión xa é un pouco máis complicado posto que a similitude entre a forma castelá “mirlo” e a galega é moita, feito que fai que a xente escolla, por influencia deste idioma, a allea ó galego, máis como vemos, esta ave debe ser chamada MERLO. Tamén se lle adoita coñecer  co nome de cochorra, cochosa, cotrosa.

merlo

A definición da Real Academia Galega:

(Turdus merula) Paxaro da familia dos túrdidos que pode superar os vinte centímetros de longo, de plumaxe escura, negra no macho e castaña na femia, co peteiro amarelo e de canto agradable.

Os merlos cómennos as cereixas.