Brújula non, COMPÁS.

En galego, este instrumento que nos indica o Norte, recibe o nome de COMPÁS, temos que evitar o uso do castelanismo “brújula” así como do castelanismo adaptado “brúxula“. Tamén consta dun sinónimo: agulla de marear.

la-imagen-de-la-brujula-calidad-de-los-materiales_38-2996.jpg

As definicións da Real Academia Galega

(1) Aparello consistente nunha superficie circular onde están representados os puntos cardinais, cunha agulla imantada que indica a dirección norte.

Nas excursións de montaña convén levar sempre un compás. O barco perdeuse ao estragárselle o compás. 

(2) Instrumento composto de dous brazos articulados por un extremo, que serve para trazar curvas regulares ou para medir.

Leva o compás e o tiraliñas para a clase de debuxo.

(3) Música. Cada un dos intervalos de igual duración con que se marca o ritmo dunha frase musical.

Levar o compás.

(4) Música. Espazo do pentagrama comprendido entre dúas barras verticais que corresponde a cada un deses intervalos.

Compás en catro tempos.