No galego, a palabra PETO é polisémica xa que contén varios significados diferentes. Agora veremos os máis habituais na nosa lingua:
-
1. Non debemos dicir “bolsillo”pois este é un castelanismo e no noso idioma este recibe o nome de PETO.
A definición da Real Academia Galega
Saquiño pequeno que se cose na roupa e serve para gardar obxectos miúdos ou para abrigar as mans.
Gardou os caramelos no peto. Cando vai frío metemos as mans nos petos.
-
2. O termo “paxaro carpinteiro” é un castelanismo adaptado, pois esta ave recibe tamén o nome de PETO.
A definición da Real Academia Galega
Paxaro da familia dos pícidos, que cría nos troncos vellos das árbores, nas que pode verse en posición vertical apoiándose no rabo, e do que existen diversas especies, entre as que as máis comúns son unha de tons verdosos e outra branca e negra.
O voo ondulado dos petos.
-
3. A “hucha” tamén é un castelanismo adaptado pois, como as anteriores, tamén acolle o nome de PETO na nosa lingua.
A definición da Real Academia Galega
Recipiente de barro ou doutro material, cunha fenda pequena e estreita, no que se garda o diñeiro para aforrar.
Teño un peto cheo de pesos